UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

NÚBEBES - FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA

02out(out 2)18:0004(out 4)18:30NÚBEBES - FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIADO 2 AO 4 DE OUTUBRO. CONSULTA O PROGRAMA E SISTEMA DE VENDA DE ENTRADAS

Detalles do Evento

O evento, destinado a bebés e familia, ocupará diversos espazos do Pazo e concentrará toda a súa actividade nunha intensa fin de semana de teatro, música e contos, do 2 ao 4 de outubro.

Compañías e contadoras galegas como Catro Cores, Lydia Botana, Ángeles Goás, A Covas das Letras, Malasombra Producións, Pablo Díaz ou Vero Rilo serán as responsables dunha ampla e variada programación.

Non faltarán Roque, a mascota do festival, nin a tradicional guerra de almofadas.

Os eventos con entrada de pago xa están á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3€ por persoa. As actividades con acceso de balde, poderán retirarse só o mesmo día da función desde 1h antes do inicio na billeteira do Pazo e cun máximo de 4 convites por persoa. Todas as persoas precisan dunha entrada independentemente da súa idade.

Consulta e descarga o programa

Hora

2 outubro, 2026 18:00 - 4 outubro, 2026 18:30(GMT+02:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra