UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

NUEVA YORK EN UN POETA de Alberto San Juan

21xan20:3022:00NUEVA YORK EN UN POETA de Alberto San JuanENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Entradas xa á venda aquí a un prezo de 12€ (4€ para estudantes, maiores de 65 e desempregados)

Lorca viviu en Nova York desde xuño de 1929 a febreiro de 1930. Entón viaxou a Cuba, onde pasou tres meses, e, finalmente, regresou ao Estado español cos poemas do libro Poeta en Nova York na maleta. O espectáculo é aquel encontro de Lorca co público na Residencia de señoritas no que se escoitaron eses poemas por primeira vez.

O espectáculo comeza cun preludio musical, a cargo do cuarteto A Banda, composto por fragmentos das pezas de jazz que Lorca descubriu nos clubs neoiorquinos naquel ano 29. Despois, a voz de Ian Gibson introduce a conferencia e Federico, interpretado por Alberto San Juan, aparece no escenario. Durante unha hora, viaxaremos con el de Granada a Nova York e á Habana.

Alberto San Juan

Claudio de Casas, guitarra

Pablo Navarro, contrabaixo

Gabriel Marijuán, batería

Hora

21 xaneiro, 2023 20:30 - 22:00(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra