Obradoiro de escrita - ESCRIBIR (EN) PONTEVEDRA CON MANUEL LOURENZO
Detalles do Evento
ObxectivoO obxectivo do obradoiro é vivir unha experiencia de creación literaria no campo da narrativa, que terá carácter individual mais tamén colectivo a partir
Detalles do Evento
Obxectivo
O obxectivo do obradoiro é vivir unha experiencia de creación literaria no campo da narrativa, que terá carácter individual mais tamén colectivo a partir dunha proposta argumental compartida. Ao tempo, aportaranse contidos teóricos, examinaranse algúns textos canónicos e comentaranse asuntos relacionados coa produción e a distribución da obra. Prevese a edición e impresión dos traballos realizados para a memoria das persoas participantes.
Inscricións en apuntate.pontevedra.gal
Desenvolvemento
Estabelécense catro sesións presenciais de dúas horas cada unha, ás que hai que engadir o traballo a realizar cadaquén na súa casa.
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra.
Días:
xoves 12 de marzo
xoves 26 de marzo
xoves 16 de abril
xoves 30 de abril
Horario: de 18.30 a 20.30 horas.
O grupo constará dun máximo de 15 participantes, segundo a orde de inscrición.
Hora
Localización
Pazo da Cultura
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra