UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Obradoiro familiar artístico 'Construímos un refuxio? Convírtete nun animal arquitecto'

28out18:3020:30Obradoiro familiar artístico 'Construímos un refuxio? Convírtete nun animal arquitecto'

Detalles do Evento

Impartido pola artista Conchi Garrido, o segundo obradoiro familiar dentro da exposición ‘Do final e do comezo’ terá lugar o venres 28 de outubro ás 18.30h no Pazo. Tendo como base a arquitectura natural de Animais Arquitectos de Juhani Pallasmma (escritor e arquitecto), farase unha aproximación ao tridimensional, mediante o xogo e imitando a construción de refuxios dos animais. Deste xeito ao mesmo tempo traballarase o plástico cun achegamento á escultura e reforzarase o marabilloso do mundo natural e concienciar da súa importancia e o uso como modelo a ter en conta paradesenvolver a nosa sociedade dun modo eficaz, belo e sostible. Inscricións de balde https://apuntate.pontevedra.gal/obradoiro-construimos-un-refuxio-convertete-nun-animal-arquitecto/

Hora

28 outubro, 2022 18:30 - 20:30(GMT+02:00)