UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

OBRADOIROS EN TORNO Á MOSTRA 'A CIDADE É A PEGADA'

24feb(feb 24)18:0010mar(mar 10)18:00OBRADOIROS EN TORNO Á MOSTRA 'A CIDADE É A PEGADA'OS VENRES 26 DE FEBREIRO E 3 E 10 DE MARZO PARA DIFERNTES PÚBLICOS. INFO E ISNCRICIÓNS EN APUNTATE.PONTEVEDRA.GAL

Detalles do Evento

De cara á dinamización do espazo expositivo “A cidade é a pegada” terán lugar varios e obradoiros da man da equipa VACIOCERO, coa intención de achegar aos diferentes sectores da poboación unha exposición de todas e todos.

Dirixidos a diferentes públicos xirarán sobre as 4 temáticas sobre as que está construída a mostra: a infancia, a natureza (a través do río), arquitectura e personaxes e tocarán diferentes disciplinas como a escultura/arquitectura, a fotografía, collage, técnicas de estampaxe.

Info e inscricións no apuntate.pontevedra.gal

NATUREZA MATERIAL – VENRES 24 DE FEBREIRO ÁS 18H. (Público familiar)

Obradoiro familiar organizado dentro da exposición A cidade é a pegada ubicada no Pazo da Cultura de Pontevedra da man de VacíoCero

-natureza-gráfica-estampaxe-arquivo-

O transitar, pasear, recorrer aparece na arte contemporánea como práctica artística. Neste obradoiro traballarase sobre e con os materiais recolectados  arredor do río Lérez. Partindo da peza botánica que forma parte da mostra, os participantes crearan o seu herbario a partir de técnicas de estampaxe por contacto, ao tempo que percorremos a contorna natural do Pazo da Cultura.

IMAXINÁNDONOS – VENRES E DE MARZO ÁS 18H – Público infantil a partir de 7 anos.

Obradoiro para cativada a partir de 7 anos organizado dentro da exposición A cidade é a pegada ubicada no Pazo da Cultura de Pontevedra da man de VacíoCero

-o rostro-paisaxes corporais-retrato-collage-     

Baseándonos na importante presenza da infancia no proxecto expositivo, presentamos este obradoiro como unha posta en valor da ollada infantil arredor da súa propia identidade en conversa cos diversos colectivos presentes na exposición. Un obradoiro baseado no retrato fotográfico e na propia intervención da fotografía mediante a pintura o collage, a acumulación de materiais, etc. Co fin de crear o “retrato posible” e coñecer diversas técnicas artísticas.

ARQUIVO EXPANDIDO – VENRES 10 DE MARZO ÁS 18H. – Público Adulto

Obradoiro para público adulto organizado dentro da exposición A cidade é a pegada ubicada no Pazo da Cultura de Pontevedra da man de VacíoCero

-o rostro-paisaxes corporais-retrato-collage-

Partindo da importancia do arquivo como memoria e rexistro da identidade dun territorio. Presentamos este obradoiro como unha reflexión arredor do arquivo persoal en conversa coa fotografía documental presente no proxecto expositivo. O arquivo como memoria e o retrato fotográfico como motor. Neste obradoiro ampliaremos o arquivo expositivo realizando retratos “polaroid” en conversa co fondo fotográfico de Pintos como escenario.

Hora

24 febreiro, 2023 18:00 - 10 marzo, 2023 18:00(GMT+01:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra