OS TRAXES DUNHA VIDA
Detalles do Evento
Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de
Detalles do Evento
Os Traxes dunha vida propón unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia a través das prendas que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta condición social a finais do século XIX e comezos do XX. Unha delas nace nunha aldea da montaña e a outra nunha próspera vila costeira. Son dous percorridos vitais diferentes que nos permiten achegarnos á Galicia da época a base de la e liño.
A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a maior mostra realizada en Galicia arredor da etnografía e da indumentaria tradicional. Cen manequíns e máis de 1.000 pezas, orixinais ou reproducidas a partir de modelos da época, constrúen un percorrido pola vida cotiá, os ritos, os traballos, as celebracións e os modos de vestir dunha Galicia xa desaparecida, pero aínda presente na nosa memoria. Porque a roupa tamén conta quen fomos.
Inauguración: martes 22 de setembro ás 19.30h.
Instalada e visitable do 23 de setembro ao 8 de novembro.
Apúntate ás visitas guiadas na seguinte ligazón https://apuntate.pontevedra.gal/visitas-guiadas-os-traxes-dunha-vida/ ou visita pola túa conta no horario de apertura da sala: de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h. e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechada.
Hora
Localización
Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra