UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO - 'ARRAIANOS' DE SARABELA TEATRO

26out21:0022:10PONTEATRO - 'ARRAIANOS' DE SARABELA TEATROENTRADAS E ABONOS Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Arraianos (Méndez Ferrín) é unha suma de relatos excelentes que estremecen e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria, a conciencia, e a grandeza de alma e de vida. Historias de meigas, contrabando, caciquismo e agrarismo.

Temas inquietantes, extraordinarios e fermosos. Universos ateigados de cadencia, fondura e emoción. Dunha beleza inmensa e ao tempo terrible e evocadora, Ferrín consegue reconciliarnos coa maxia da súa delirante maneira de describir o mundo.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€. Prezo reducido de 4€ para estudantes, desempregadxs e maiores de 65 anos

Hora

26 outubro, 2023 21:00 - 22:10(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra