UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO: 'AS ALUMNAS' DE CULTURACTIVA

27feb21:0022:15PONTEATRO: 'AS ALUMNAS' DE CULTURACTIVAENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas -especialmente das mulleres- centra esta obra. As dúas personaxes representan casos concretos de mulleres na época anterior e posterior á Guerra Civil, así como as transformacións sociais do momento. A peza achégase á figura da pedagoga galega María Barbeito, e visibiliza como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado.

Texto orixinal: Paula Carballeira

• Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

• Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro

• Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade

Dirección: Fina Calleja. Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño.

Duración: 75´

Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse, as entradas estarán á venda unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.

Hora

27 febreiro, 2024 21:00 - 22:15(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra