UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. De pequenos eran
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. Roi marchou vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. No seu encontro en Sabucedo xorden outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón. Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
Texto: Santiago Telmo e Carlos Losada.Dirección: Rocío Romero. Elenco: Borja Salgado e Santiago Telmo.
Duración: 65´
Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. As entradas, de no esgotarse na venda anticipada, estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.