PONTEATRO - CONTINENTE MARÍA DE AINÉ PRODUCIÓNS


Detalles do Evento
Esta montaxe -que coincide co centésimo aniversario do seu nacemento- pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, á vez que se vale da
Detalles do Evento
Esta montaxe -que coincide co centésimo aniversario do seu nacemento- pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.
Unha rutilante Melania Cruz preséntanos a protagonista como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional con base nas súas vivencias, pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entendernos mellor como seres humanos creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos, as exiliadas eran as galegas que defendían a democracia.
Texto: Marianella Monre
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich
Duración: 70 minutos
Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8€ – Estudantes, parados e xubilados 4€. Abono para todas as funcións: 32€
As entradas a prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.
Máis
Hora
(Xoves) 21:00 - 22:10
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra