UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO-DESEXO DE TALÍA TEATRO

10out21:0022:05PONTEATRO-DESEXO DE TALÍA TEATROENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar as próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade…

Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú. DeseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.

Texto orixinal: Diego Rey. Dirección: Diego Rey. Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo. Duración: 65 min

Abonos (30€) e entradas (8/4€) xa á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse na venda anticipada, as entradas estarán á venda 1h. antes do espectáculo na billeteira do Principal.

Hora

10 outubro, 2024 21:00 - 22:05(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra