PONTEATRO - DO 9 DE OUTUBRO AO 13 DE NOVEMBRO NO TEATRO PRINCIPAL
Detalles do Evento
Unha nova edición de Ponteatro achegará ao Principal temas de actualidade da man de 6 compañías galegas e de fóra do país: Amorodio Teatro, Teatro
Detalles do Evento
Unha nova edición de Ponteatro achegará ao Principal temas de actualidade da man de 6 compañías galegas e de fóra do país: Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.
Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal.
Os abonos están xa esgotados pero podedes mercar entradas para cada espectáculo en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, persoas desempregadas e maiores de 65) e, de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do teatro.
Xoves 9 de outubro ás 21.00 h no Teatro Principal – Cortello de amor de AmorodioTeatro
Xoves 16 de outubro ás 21.00 h no Teatro Principal – ‘Carmen, nada de nadie’ de Teatro Español e Tablas y más Tablas
Xoves 23 de outubro ás 21.00 h no Teatro Principal ‘As desterradas’ de Producións Teatrais Excéntricas
Xoves 30 de outubro ás 21.00 h no Teatro Principal – ‘Nevenka’ de Histrión Teatro
Xoves 6 de novembro ás 21.00 h no Teatro Principal – ‘Go home’ de Etiqueta Negra Producións
Xoves 13 de novembro ás 21.00 h no Teatro Principal – ‘Un deus salvaxe’ de Talía Teatro
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra