UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ponteatro: Estrela do día

28out21:00Ponteatro: Estrela do díade Producións Teatrais Excéntricas

Detalles do Evento

Unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de Evaristo Calvo, Rocío González, Vítor Mosqueira e Patricia Vázquez. Estrela do día é unha experiencia para o público recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e xubilados) e de non esgotarse, unha hora antes do evento na billeteira do Principal.

Hora

28 outubro, 2021 21:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra