PONTEATRO - HAMELIN DE REDRUM TEATRO
Detalles do Evento
“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do
Detalles do Evento
“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, as nenas son as primeiras que pagan. Pagan os vicios das maiores e as súas mentiras. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer as súas nenas é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Juan Mayorga aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe groseira e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.
Este texto, galardoado co Premio Max en 2006, supuxo a consagración do seu autor Juan Mayorga, Premio Princesa de Asturias das Letras en 2022 e que recentemente asumiu a dirección artística do Teatro de la Abadía.
Texto: Juan Mayorga
Dirección e tradución: Alex Sampaio.
Elenco: Machi Salgado, Mónica García, Fran Lareu, Belén Constenla, Roberto Leal, Guillermo Carbajo, Rubén Porto
Duración 90 minutos.
Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8€ – Estudantes, parados e xubilados 4€ -Abono para todas as funcións: 32,00 € + gastos
As entradas a prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra