UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO: 'IRIBARNE' DE BUTACAZERO

08feb20:0023:15PONTEATRO: 'IRIBARNE' DE BUTACAZEROENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!

Texto orixinal: Esther F. Carrodeguas. Dirección: Xabier Castiñeira. Elenco: Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge de Arcos e Esther F. Carrodeguas.

Duración: 180´(Haberá un descanso de 15´).

Entradas e abonos xa á venda e Ataquilla.com.

Hora

8 febreiro, 2024 20:00 - 23:15(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura