UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO - MARÍA LUISA DE LAZONA

19out21:0022:30PONTEATRO - MARÍA LUISA DE LAZONAENTRADAS E ABONOS Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

María Luisa é unha muller entrada en anos que vive soa, independente e que goza da vida. Unha conversa casual co porteiro da casa é o detonante para unha sucesión de escenas que, con moito humor e un ton entrañable, permítennos descubrir de preto o mundo desta curiosa señora. Con esta obra recentemente escrita, Juan Mayorga debuta na Abadía tras asumir a dirección artística desta casa. Unha comedia sobre a soidade, sobre a vellez, e sobre os difusos límites entre a realidade e a imaxinación.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€. Entrada reducida a 4€ para estudantes, desempregadxs e maiores de 65 anos.

Hora

19 outubro, 2023 21:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra