UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO - 'MISERÁBEIS' DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES ILLA DE ONS (BUEU) EN COLABORACIÓN CO SALÓN DO LIBRO

28mar19:0020:30PONTEATRO - 'MISERÁBEIS' DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES ILLA DE ONS (BUEU) EN COLABORACIÓN CO SALÓN DO LIBROENTRADAS Á UN PREZO ÚNICO DE 3€ EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

O musical Miserábeis do IES Illa de Ons (Bueu) presenta unha adaptación propia, Integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Victor Hugo. Esta historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo.
Miserábeis é un proxecto de centro interdisciplinar que aposta pola aprendizaxe cooperativa e competencial, artellado a partir da posta en escena dunha obra de teatro musical para o alumnado de entre 12 e 16 anos, como procedemento para educar na igualdade e nas competencias de carácter intelectual e socioemocional.
O proxecto desenvolveuse nunha primeira edición no curso 2018-2019, obtendo distintos recoñecementos como: o 1o Premio de innovación en dinamización lingüística da Xunta de Galicia (2019), e o 1o Premio na Categoría de Educación en Valores dos III Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra (2019). Dende o curso 23- 24 retómase no centro esta iniciativa na que participan máis de 100 membros da comunidade educativa entre o alumnado de 1o a 4o da ESO, o profesorado, o persoal de administración e incluso algún membro das familias.

O centro conta, para a dirección deste proxecto e a educación artística do alumnado e profesorado, con dúas docentes, Diana Vilas, cantante profesional e profesora de Xeografía e Historia no IES Illa de Ons e no Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural na Universidade de Vigo; e Teresa
García, profesora de Música no IES Illa de Ons e cunha longa traxectoria como actriz.

Texto orixinal: Víctor Hugo.
Adaptación: Teté García.
Dirección: Teté García e Diana Vilas.
Elenco: Comunidade educativa do IES Illa de Ons (Bueu).

Duración: 90 min

Hora

28 marzo, 2025 19:00 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura