UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO - MISS DOCET DE CÍA. ELÉCTRICA

09feb21:0022:15PONTEATRO - MISS DOCET DE CÍA. ELÉCTRICAENTRADAS A VENDA EN ATAQUILLA.COM A 8€ POR SESIÓN (4€ REDUCIDO). ABONOS PARA TODO O CICLO 32€

Detalles do Evento

O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “miss España galeguista”. Militante do Partido Galeguista, do que levaba unha insignia no peito cando se converteu en miss España, foi unha das participantes no Mitin das Arengas o 24 de xullo de 1934 en Compostela.

A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres silenciadas despois de 1936.

Como un desfile de voces, ecos e silencios, Miss Docet recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia por un golpe de estado ilegal, e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan das nosas memorias.

Texto orixinal: Iria Pinheiro e María Reimóndez 

Dirección: Vanesa Sotelo

Elenco: Iria Pinheiro

Duración: 75 minutos

Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Estudantes, parados e xubilados 4,00€ – Abono para todas as funcións: 32,00 € + gastos

Hora

(Xoves) 21:00 - 22:15(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Other Events