PONTEATRO - MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA DE TALÍA TEATRO
30mar21:0022:25PONTEATRO - MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA DE TALÍA TEATRO21:00 - 22:25


Detalles do Evento
Milano, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición nesta comisaría
Detalles do Evento
Milano, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición nesta comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.
Obra mestre da farsa con hábiles toques satíricos na que Dario Fo pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de manipulación masiva na súa busca da noticia e do “escándalo”.
Texto orixinal: Dario Fo
Dirección: Cándido Pazó.
Elenco: Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto.
Duración: 85 minutos
Venda anticipada en www.ataquilla.com | Prezo por función 8€ – Estudantes, parados e xubilados 4€. Abono para todas as funcións: 32,00 € + gastos
As entradas a prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.
Máis
Hora
(Xoves) 21:00 - 22:25
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra