PONTEATRO - NOSO DE OS NAÚFRAGOS
31out21:0022:15PONTEATRO - NOSO DE OS NAÚFRAGOSENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM
Detalles do Evento
Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos, a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais
Detalles do Evento
Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos, a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén, logo de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas doutros tempos, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia de dar valor ao noso pasado fan de NOSO unha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e a sensación de pertenza ao lugar de onde vimos.
Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río. Elenco: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmy Núñez e Sete Eiroa. Duración: 75 min
Abonos (30€) e entradas (8/4€) xa á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse na venda anticipada, as entradas estarán á venda 1h. antes do espectáculo na billeteira do Principal.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra