UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO: 'O AUTO DO CASTROMIL' DE PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

21mar21:0022:15PONTEATRO: 'O AUTO DO CASTROMIL' DE PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICASENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Unha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, na que aparece un pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebélase de novo. O auto de Castromil é unha viaxe chea de humor e espíritu antroidesco en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita con anacos das

obras de Manuel María: “A rebelión dos baús”, “O Auto dos semulados da Caravilla”, “Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”.

• III Concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María

Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval. Elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.

Duración: 70´

Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. As entradas, de non esgotarse, estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal

Hora

21 marzo, 2024 21:00 - 22:15(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra