UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ponteatro: O charco de Ulises

20nov21:00Ponteatro: O charco de UlisesUnha produción do Centro Dramático Galego

Detalles do Evento

O charco de Ulises é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico. Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou a nostalxia pola súa terra. En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saudade e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo. A peza transcorre en paralelo co desenvolvemento argumental da obra de Homero: a viaxe de Telémaco na procura de seu pai (visitando a Néstor, a Menelao e Helena…) e a de Ulises polas diferentes illas nas que se atopa con personaxes fantásticos (Calipso, Circe, Nausícaa, Polifemo, o canto das sereas…).

Vaise pegando e separando do mito orixinal, xerando un diálogo co clásico para xogar con el, para traizoalo en moitas ocasións e, sobre todo, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. E tamén para darlle unha nova dimensión ás personaxes femininas que aparecen na Odisea. Os deuses condenaron a Ulises a permanecer errante durante dez anos como castigo por argallar a trampa do cabalo para destruír Troia. O curioso é que este castigo se desenvolve entre banquetes pantagruélicos, orxías luxuriosas con fermosas ninfas, aventuras inesquecibles, coñecemento de culturas exóticas, salóns de tango nas noites de Buenos Aires…

Entradas á venda a partir de 10€ (estudantes, parados e xubilados) en Ataquilla.com e de non esgotarse, dúas horas antes don evento na billeteira do Auditorio do Pazo da Cultura.

Hora

20 novembro, 2021 21:00(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra