UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO: 'O DRAGÓN DE OURO' DE SARABELA TEATRO

07nov21:0022:10PONTEATRO: 'O DRAGÓN DE OURO' DE SARABELA TEATROENTRADAS XA Á VENDA

Detalles do Evento

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, a un mozo chinés dóelle moito unha moa na cociña do restaurante de comida rápida O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

O mozo chinés morre desangrado na cociña do restaurante. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva á súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño…

Texto orixinal: Roland Schimmelpfenning  Tradución: Catuxa López Pato. Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña Bóveda. Elenco: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fernando González e Fran Lareu. Duración: 70 min

Abonos (30€) e entradas (8/4€) xa á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse na venda anticipada, as entradas estarán á venda 1h. antes do espectáculo na billeteira do Principal.

Hora

7 novembro, 2024 21:00 - 22:10(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra