UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

PONTEATRO: O Péndulo de Inversa Teatro

13out21:0022:15PONTEATRO: O Péndulo de Inversa TeatroEntradas á venda en Ataquilla.com

Detalles do Evento

Merca o teu abono para todo o ciclo a un custo de 32€ aquí. Entrada individual para este espectáculo espectáculo aquí. E de non esgotarse en venda anticipada, unha hora antes na billeteira do Principal

O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.

Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Marta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga Davila

Hora

13 outubro, 2022 21:00 - 22:15(GMT+02:00)