PONTEATRO: 'TERCEIRO ACTO' DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
Detalles do Evento
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que, quizais, sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán
Detalles do Evento
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que, quizais, sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incert. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.
Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco. Elenco: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha “Tatán”. Duración: 80 min
Abonos (30€) e entradas (8/4€) xa á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse na venda anticipada, as entradas estarán á venda 1h. antes do espectáculo na billeteira do Auditorio do Pazo da Cultura.
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura