PONTEATRO: 'UNHA INIMIGA DO POBO' DE TALÍA TEATRO
22feb21:0022:30PONTEATRO: 'UNHA INIMIGA DO POBO' DE TALÍA TEATROENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM
Detalles do Evento
Helena é unha prestixiosa doutora que regresa á vila natal para comezar de novo. Embarazada de sete meses, afronta o seu estado coa ilusión posta nun novo proxecto
Detalles do Evento
Helena é unha prestixiosa doutora que regresa á vila natal para comezar de novo. Embarazada de sete meses, afronta o seu estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como
un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.
Texto orixinal: Henrik Ibsen. Dirección: Tito Asorey. Elenco: Marta Lado Dani Trillo, María Ordóñez, Toño Casais, Rubén Prieto, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo.
Duración: 90´
Entradas e abonos xa á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse, as entradas estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra