UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Premios Mil Primaveras - con música e relatos de Rilo e Penadique

08xuñ19:3020:30Premios Mil Primaveras - con música e relatos de Rilo e PenadiqueENTRADA LIBRE ATA COMPLETA CABIDA

Detalles do Evento

O Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolle un ano máis o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras. Esta quinta entrega terá lugar o sábado 8 de xuño ás 19.30 horas, estará conducida polos relatos e a música de Rilo & Penadique

Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio.

Con eles a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua

Hora

8 xuño, 2024 19:30 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

Salón Actos do Pazo da Cultura

Alexandre Bóvedra s/n