UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Presentación da revista Xeración ALFA

07mai19:3020:15Presentación da revista Xeración ALFAENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA

Detalles do Evento

Coa presenza de María Obelleiro (dirección), Ana Loureiro e Rafael Ruíz (coordinación) e Sara Faro (Fillas de Cassandra)
Por iniciativa de Sermos Galiza, e en colaboración co Concello de Pontevedra, nace a primeira revista cultural impresa en galego orientada á mocidade: Xeración Alfa. Sairá os martes de maio, de balde, e achegará contidos diversos relacionados coa música, as redes sociais, a literatura, o deporte, a saúde mental ou os videoxogos, entre outros, co obxectivo de achegarlle á mocidade recursos e referentes para activar o uso do galego. Coa súa presentación, á que lle seguirá unha mesa redonda, dá comezo a programación de Maio, Mes da Lingua 2024.