PRIMEIROS OLLARES. MATINÉS DE CINEMA INFANTIL NO TEATRO PRINCIPAL - LINDA QUERE POLO
30nov12:0013:15PRIMEIROS OLLARES. MATINÉS DE CINEMA INFANTIL NO TEATRO PRINCIPAL - LINDA QUERE POLO
Detalles do Evento
Da man do Cineclube Pontevedra chega a Pontevedra este ciclo de cinema infantil e familiar que, na súa segunda entrega achegará
Detalles do Evento
Da man do Cineclube Pontevedra chega a Pontevedra este ciclo de cinema infantil e familiar que, na súa segunda entrega achegará o filme Linda quere polo (2023), unha produción franco-italiana dirixida por Chiara Malta e Sébastien Laudenbach, presentada en Cannes e galardoada co premio á mellor longametraxe en Annecy e co Cesar ao Mellor Filme de Animación en 2023. Unha divertida aventura culinaria que narra as aventuras de Paulette, unha nai decidida a emendar o seu erro tras castigar inxustamente a súa filla Linda. Paulette fará calquera cousa para compensar a súa filla, mesmo prepararlle polo con pementos, aínda que non saiba moi ben como cociñalo. Ao se embarcar nesta misión, Paulette atópase cun inesperado desafío: unha folga xeral que ameaza con obstaculizar a súa procura do ingrediente principal, provocando unha divertida odisea chea de obstáculos e aprendizaxes. O orixinal uso da cor e o seu universo visual, inspirado na obra de pintores como Henri Matisse ou Pierre Bonard, é un dos grandes valores do filme. É tamén salientable a visión que ofrece dos barrios como lugares de comunidade, xogo e liberdade, así como a alegría e o humor que desprende sen renunciar a tratar temas serios como o dó, a autoridade ou o dereito a expresarse. Está recomendado a partir dos 7 anos. A duración é de 75’.
Entrada libre ata completar cabida.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra