UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Representación teatral 'Por nosotras' do grupo Méndez Núñez

21out18:3019:30Representación teatral 'Por nosotras' do grupo Méndez NúñezENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA

Detalles do Evento

O grupo teatral Méndez Núñez, integrado por persoas con diversidade funcional, presentará a obra “Por Nosotras” o vindeiro 21 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A peza ofrece unha posta en escena que amosa a evolución do papel da muller na sociedade. Para logralo, combina de forma orixinal fragmentos de obras teatrais clásicas con fitos e momentos históricos fundamentais. A través desta obra, persoas con discapacidade intelectual amosan a súa implicación e participación activa na sociedade na que viven, utilizando o escenario como unha ferramenta para romper estereotipos. Entrada libre ata completar o aforo.

Hora

21 outubro, 2026 18:30 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura