RESOAN - CARLOS NÚÑEZ EN CONCERTO
21dec21:0022:30RESOAN - CARLOS NÚÑEZ EN CONCERTOENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM
Detalles do Evento
Tras o gran éxito do novo disco Celtic Sea, Carlos Núñez vén de gravar en lugares emblemáticos o novo show ‘Celtic Sea, A Travesía’: a
Detalles do Evento
Tras o gran éxito do novo disco Celtic Sea, Carlos Núñez vén de gravar en lugares emblemáticos o novo show ‘Celtic Sea, A Travesía’: a St. Patrick´s Cathedral de Dublin, o Glasgow National Concert Hall, o Festival Interceltique de Lorient, a illa de Tatihou en Normandía ou o Kaufman Music Center de Nova York son algúns dos escenarios seleccionados por Carlos Núñez para a realización deste novo proxecto, que chegará o Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 21 de decembro dentro do ciclo Resoan do Concello de Pontevedra.
O artista galego, afirma que ‘Celtic Sea, A Travesia,’ “achega músicas inéditas e novos artistas do mundo celta atlántico. Toda unha expresión do espírito de irmandade dunha tradición de 10.000 anos de intercambios a través do mar celta. Comparto con Brittany Ferries a paixón por conectar as culturas célticas atlánticas. Viaxar nos seus barcos, dunha Fisterra a outra, foi a maior das inspiracións posibles para homenaxear ao xénero da música celta, creando unha nova obra que represente a nosa filosofía de vida, sempre ligada ao espírito intercéltico que lidera Bretaña, centro xeográfico de todos os celtas atlánticos. É un disco cunha relación particular con Galicia, concebido de feito nun dos novos barcos da compañía marítima chamado, “Galicia”, pero tamén coas músicas do norte peninsular, desde o País Vasco, pasando por Cantabria, Asturias ou Castela e León, cuxas músicas tradicionais, sempre defendín que poderían formar parte da música celta e que a partir de agora soarán en todos os barcos de Brittany Ferries, que son os patrocinadores deste disco especial”
O tema estrela que dá nome ao disco é unha ‘sinfonía’ de 40 minutos con músicas de todas as rexións atlánticas, unidas por elementos comúns ás músicas celtas desde hai séculos ou milenios, como o “bagpipe rhythm” (ritmo de gaita) ou a harmonía binaria de “double tonic”, que se atopa por certo en moitas pezas do repertorio dos gaiteiros de Pontevedra (como ben estudou Núñez nos seus libros “De gaiteiro a gaiteiro” adicado a Ricardo Portela, ou “La hermandad de los celtas”, que xa vai pola súa 5ª edición e no que desentraña o concepto de “música celta”, moito máis fondo do que se adoita crer).
As entradas, a parir de 19€ máis gastos de xestión están xa á venda en Ataquilla.com e, de non esgotarse na venda anticipada, unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura.
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura