RESOAN - GUADI GALÉGO 'SÍNTESE HORIZONTE'
13abr20:0022:00RESOAN - GUADI GALÉGO 'SÍNTESE HORIZONTE'ENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM
Detalles do Evento
Un espectáculo que só levará ás taboas de 3 escenarios galegos exclusivamente. Levado as táboas en 3 escenarios gallegos exclusiamente. No mes
Detalles do Evento
Un espectáculo que só levará ás taboas de 3 escenarios galegos exclusivamente. Levado as táboas en 3 escenarios gallegos exclusiamente.
No mes de setembro, Guadi Galego lanzaba co seu sinxelo O.D.A. unha mensaxe ao mundo: Estou tan viva. Sigo viva.
Logo da Roibén (2022) e dun tempo dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Neste 2024 regresa cun novo espectáculo, Síntese Horizonte, expresamente concibido para representar, ao vivo, en tres únicas funcións sobre as táboas dos teatros de Galicia.
Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido. Agora, ela, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, confirmará o que desexabamos ver, sentir e escoitar: a firme crenza do poder transformador da música ao vivo.
Os prezos das entradas, xa á venda en Ataquilla.com é de 15€ anticipada no patio de butacas e 13€ no anfiteatro (ambas + gastos) e, de non esgotarse, na billeteira custarán respectivamente 18 e 16€ + gastos.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra