UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

SETE FALARES- ENCONTRO INTERNACIONAL DE CONTADORES DE HISTORIAS

07xuñ(xuñ 7)20:3014(xuñ 14)21:00SETE FALARES- ENCONTRO INTERNACIONAL DE CONTADORES DE HISTORIAS

Detalles do Evento

Do 7 ao 14 de xuño a cidade acollerá unha nova edición do festival que cada ano desde 2012 achega voces chegadas de Galiza e outros puntos da xeografía mundial (Madrid, Brasil, Portugal ou Cuba, neste 2026)

As contadas, destinadas a público adulto na súa totalidade, terán lugar en diferentes ubicacións da cidade, tales coma o Pazo da Cultura, a Residencia de Maiores de Campolongo, ou o Liceo Casino entre moitas outras, polo que recomendamos consultar o web de Sete Falares, onde tamén podedes descargar o programa.

Toda a programación é de balde ata completar cabida excepto a inauguración o domingo 7 de xuño ás 20.30 no auditorio do Pazo da Cultura co espectáculo teatral ‘Apaga o candil’ de Contraproducións con entradas á venda a partir do 2 de xuño ás 10.00h en Ataquilla.com

O Vieiro de historias do sábado 13, contará con 4 quendas para 50 persoas e require de retirada de convite de balde no edificio do Concello en Michelena 30 a partir das 20.30h. do mesmo sábado.

Hora

7 xuño, 2026 20:30 - 14 xuño, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

Diversas ubicacións da cidade