SILVIA PENIDE - CONCERTO con INTÉPRETE DE LINGUA DE SIGNOS
Detalles do Evento
Silvia Penide, cantautora galega con dous Premios Martín Codax da Música, vive un ano de celebración continúa. A súa Xira XX Aniversario chega a Pontevedra
Detalles do Evento
Silvia Penide, cantautora galega con dous Premios Martín Codax da Música, vive un ano de celebración continúa. A súa Xira XX Aniversario chega a Pontevedra nun día moi especial: O Día Internacional da Lingúa de Signos, 23 de setembro. O concerto será signado dende o esceario na súa totalidade.
Silvia acaba de editar o seu décimo disco “Mientras dura el aplauso”. Trátase dun disco moi especial no que recolle colaboracións con: Guadi Galego, Víctor Manuel, Andrés Suárez, Ugía Pedreira, Mercedes Ferrer, Eladio Santos ou Javier Álvarez. Artistas que se sumaron ás emocionantes cancións de Silvia. Porque diso vai a súa carreira musical nestes vinte anos. De emocionar.
No esceario estará acompañada por Carla López (teclado e voces), Paul Álvarez (guitarra) e Bruno Couceiro (batería), ademáis de Natalia Navaza na lingúa de signos.
Entradas xa á venda en Ataquilla.com e de non esgotarse na venda anticipada, unha hora antes na billeteira do Principal
Hora
23 setembro, 2023 20:30 - 22:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra