UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

SONS NO RETABLO: GALICIA EN 8 CORDAS - DUO PAGANINI

23abr20:0021:30SONS NO RETABLO: GALICIA EN 8 CORDAS - DUO PAGANINI

Detalles do Evento

Nas oito cordas do violín e do violonchelo soará a música de composicións galegas con diferentes miradas e estilos. Porque hai moitas galicias, tantas como os matices dos verdes bosques, o ruído da choiva ou os sons do mar. Neste concerto a música pasará pola sorprendente «Tocata» de Federico Mosquera, a nostalxia da gran descoñecida galega do século XIX Eugenia Osterberger, o romanticismo violento de Wladimir Rosinskij, a enerxía cegadora de Juan Durán para terminar coas «Danzas folclóricas galegas» de Octavio Vázquez como unha tormenta de perfumes desta terra. Florian Vlashi – violín, Ruslana Prokopenko – violonchelo. Entrada libre ata completar cabida.

Hora

23 abril, 2022 20:00 - 21:30(GMT+02:00)