UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Teatro de Barrio - Mostra de teatro afeccionado

02out20:3021:30Teatro de Barrio - Mostra de teatro afeccionadoDÍAS 26 E 27 SET. E 2,3,4 DE OUTUBRO. ENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Mércores 2 de outubro ás 20.30h. no Teatro Principal

`”Os limpas”  de Expresión Teatro (Mourente)

Unha comedia xestual, trepidante, creativa e moi dinámica que non vai deixar indifernte ao público. Uns limpadores transforman o seu traballo nun mundo único de creación, orixinalidade,  xogo e humor onde nada é o que parece, sorprendendo constantemente.

É unha obra familiar a que poden ir nenos e nenas, con moitos efectos sorprendentes, diferente. A xente sae eufórica. É unha invitación a disfrutar co neno interior. As entradas xa están á venda a un prezo simbólico de 2€ en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal

As entradas xa están á venda a un prezo simbólico de 2€ en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal

Hora

2 outubro, 2024 20:30 - 21:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra