UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

TEATRO - MANUELA REY IS IN DA HOUSE

01mai21:0022:20TEATRO - MANUELA REY IS IN DA HOUSEENTRADAS Á VENDA EN ATAQUILLA.COM A UN PREZO DE 8€ (4€ REDUCIDA)

Detalles do Evento

Coproducción del Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste/Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional de São João, Teatro Nacional D. Maria II, con la colaboración del INCIPIT-CSIC, FITEI do Porto y el Festival de Teatro de Almada.

Manuela Rey, “a muller lirio”, é máis que unha liña no libro dos enterros do cemiterio dos Praceres, en Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona María II, en Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro. Como reconstruír unha vida onde só temos anacos soltos e contraditorios? Sabemos que despois de seis anos foi entregada a unha compañía teatral itinerante, que percorreu León, Palencia, Bragança, Valença, Ponte de Lima, Viana do Castelo, Régua, Porto para que o grupo familiar adoptivo chegase a Lisboa e triunfase no Teatro Nacional Dona María II e morrese como unha estrela aos 23 anos. Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués. Actriz. Escritora. Neste espectáculo tentamos recuperar o que quedou da súa memoria. Porque sen memoria non hai Historia.

Con: Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero. Arqueóloga investigadora do INCIPIT-CSIC: Paula Ballesteros

Dramaturxia edirección: Fran Núñez

Duración estimada: 80 minutos (sen descanso) 

Entradas xa á venda en Ataquilla.com e de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Auditorio

Hora

1 maio, 2025 21:00 - 22:20(GMT+02:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura