UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

VERSO A VERSO CON CHARO LÓPEZ

04feb21:0022:15VERSO A VERSO CON CHARO LÓPEZ

Detalles do Evento

Pasamos os días, os meses e os anos sen tomar conciencia do “aquí e agora”. Por iso hoxe, nestes tempos máis que nunca, Charo López tráenos o seu “Verso a Verso” nun precioso recital xunto ao barítono Luís Santana e acompañados ao piano polo mestre Víctor Carbajo. Lorca, Machado, Miguel Hernández., Santa Teresa de Jesús…A poesía funciona como unha fotografía capaz de recoller en palabras, nun instante, nun golpe de luz, as imaxes que enfoca. Só a poesía salva do esquecemento. Unha nación, unha cultura poden reconstruír o seu pasado, presente e futuro na medida en que a poesía as retrata coas súas palabras.

Entradas xa á venda anticipadamente en Ataquilla.com con prezo xeral de 12€ e reducido de 4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65. De non esgotarse, unha hora antes na billeteira do auditorio

Hora

4 febreiro, 2023 21:00 - 22:15(GMT+01:00)