UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

VOICES: CONCERTO NACHO VEGAS PRESENTA "MUNDOS INMÓVILES DERRUMBÁNDOSE"

27xan21:0023:00VOICES: CONCERTO NACHO VEGAS PRESENTA "MUNDOS INMÓVILES DERRUMBÁNDOSE"ENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Entradas xa á venda en Ataquilla.com a partir de 12€ e de non esgotarse unha hora antes na billeteira do Pazo

Nacho Vegas foi e é unha das voces máis respectadas no ámbito das músicas populares, tanto polo conxunto do sector como pola prensa especializada en España e América Latina. Nas súas dúas décadas de traxectoria, Nacho Vegas transitou un camiño que lle levou a converterse nun artista de referencia para un público maioritario e transversal. O seu vasto repertorio, inconfundible, profundamente persoal, está construído sobre un imaxinario colectivo e firmemente apoiado na nosa realidade social. As cancións do asturiano retratan o presente non só do noso país, senón de todo o ámbito latinoamericano.

Nacho Vegas está máis preto de autores como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Cecilia ou outros nomes que forman parte da educación sentimental de varias xeracións de españois e españolas e son parte imprescindible do noso patrimonio cultural.

Tras máis de 20 anos de carreira profesional na música, “Mundos inmóviles derrumbándose” xorde, non como un álbum de madurez, senón como un álbum de plenitude, Todo o que fixo grande a Nacho Vegas no pasado está aquí: a pluma afiada, a introspección, a aguerrida crítica social, o íntimo e confesional, e esas melodías que se instalan no oínte desde a primeira escoita, Vegas ábrese en canle en cada canción e ofrece todo o que ten dentro, cun compromiso moi difícil de ver na música actual, e reinventándose en pleno século XXI cun son máis luminoso e orgánico.

Hora

(Venres) 21:00 - 23:00(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Other Events