UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

VOICES: MANEL EN CONCERTO

05nov21:0023:00VOICES: MANEL EN CONCERTOENTRADAS Á VENDA EN WOUTICK.ES A PARTIR DE 10€+ GASTOS

Detalles do Evento

Manel, a revolución do pop catalá, volve a Galicia para celebrar o seu fin de xira. Tras alcanzar o número 1 da Lista Oficial de Ventas (física e streaming) con “Per la bona gent” (Ceràmiques Guzmán, 2019) e convertirse no único artista en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, MANEL iniciaron unha xira que quedaría fatalmente interrumpida pola pandemia. Lonxe de acomodarse, a banda regresou aos escenarios a mediados de 2020 co mellor show da súa carreira e aproveito para rematar tres cancións inéditas Producido polo neoyorquin Jake Aron, L’amant malalta é máis (moito máis) que un apéndice da súa aposta -sempre arriscada e radicalmente contemporánea- pola combinación de tradición e electrónica: é un paso adiante que amplia as fronteiras do seu pop aberto ao hip hop, o R&B, os sintetizadores e todo aquilo que poidas imaxinar. O primeiro EP na carreira de Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé entrelázase en directo cun repertorio que xa é historia. Unha historia que, máis ala do seu medio milleiro de concertos ao longo e ancho da xeografía ibérica, pero tamén en lugares tan diversos como Estados Unidos, Arxentina, México, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Luxemburgo, Suiza, Alemaña e Filipinas, non fixo máis que comezar.

Hora

(Sábado) 21:00 - 23:00(GMT+01:00)