UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

XABIER DÍAX & ADUFEIRAS DE SALITRE

10mai20:3022:00XABIER DÍAX & ADUFEIRAS DE SALITREENTRADAS XÁ Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecharon o 2024 cunha inmensa satisfacción despois de moitos meses de traballo para chegar a cantos lugares foi posible e presentar o seu último disco, Axudame a sentir, o cuarto da súa carreira en conxunto. Con máis de 40 concertos en toda España, a reposta do público non puido ser máis positiva, colgando o cartel de entradas esgotadas en moitas das cidades e enchendo de música e baile os torreiros e prazas da xeografía galega e do noroeste penínsular. Neste 2025, un ano tan especial para as nosas Letras Galegas coa merecida homenaxe ás cantareiras e á poesía popular, o grupo continúa traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país

Entradas xa á venda en Ataquilla.com e de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Principal.

Hora

10 maio, 2025 20:30 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra