UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

XIII MITEU - 'EMIGRADOS' DA AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE VIGO

27abr21:0022:15XIII MITEU - 'EMIGRADOS' DA AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE VIGOMOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO DE PONTEVEDRA

Detalles do Evento

En “Emigrados” decidímonos por unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que, unha por unha, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de “exilio”. Estamos a falar dun drama social (dende a suma de moitos dramas individuais) pero, aínda así, queremos trasladalo dende fóra do laio, dende a axilidade da linguaxe contemporánea, dende a ironía como vehículo de expresión (unha das formas máis sutís de “crueldade”) e sobre todo dende a “cercanía”, do achegamento a calquera espectador/a contemporáneo. Porque non se trata de facer un relatorio de sufrimentos e agravios, senón de falar dende o hoxe de algo que fai parte da existencia de case todos os galegos e galegas
de xeito individual e de todas e todos dende o punto de vista da conciencia colectiva.

Entrada libre ata completar cabida.

Elenco. Antón Abal, Laura Alonso, Juan Diego Comesaña, Sofía Fernández, Lidia Gutiérrez, Cecilia Jiménez, Rosa María Molares, Miguel Rodríguez.
Ficha artística e técnica. Iluminación: Héctor Pazos. Escenografía: Pablo Giráldez “Pastor”. Vestiario: Ningures. Fotografía e cartel: Diego Seixo. Dirección: Casilda Alfaro, Sonia Rúa.

Hora

27 abril, 2022 21:00 - 22:15(GMT+02:00)