UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

XIII MITEU - 'NOSA SEÑORA DAS NUBES' DA AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE PONTEVEDRA

28abr21:0022:15XIII MITEU - 'NOSA SEÑORA DAS NUBES' DA AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE PONTEVEDRAMOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO DE PONTEVEDRA

Detalles do Evento

En “Nosa Señora das Nubes” o autor trata fundamentalmente dous temas: a memoria e o exilio. Esta peza arranca co encontro duns exiliados nun espazo e tempo indeterminados. A partir de aí, van reconstruíndo o seu pasado, lembrando os feitos que aconteceron no pobo do que son orixinarios: Nosa Señora das nubes. Entrada libre ata completar cabida.

Elenco. Irene Lumbreras, Diana Cidrás, Alexandre Souto, Mª Mercedes Pardavila, Francisco Pernas, Carmen Durán, Uxía Couso, Natalia García, Laura del Carmen Alonso, Xulia Blanco, Rubén Ballesteros, Xiana García, Lara González.
Ficha artística e técnica. Iluminación: Héctor Pazos. Escenografía: Ningures. Vestiario: Sonia Rúa. Fotografía e cartel: Diego Seixo. Tradución: Santiago Cortegoso. Axudante de dirección: Omar Ferrín. Dirección: Salvador del Río.

Hora

28 abril, 2022 21:00 - 22:15(GMT+02:00)