Diversas persoas baixo o mesmo teito ilegal: unha que traballaba nunha empresa de desafiuzamento, outra que ten un hospital de obxectos perdidos para a sociedade, unha pintora amadora idealista que cre no decrecemento, unha doutoranda que debe acabar a súa tese sen un can, unha que escribe desde a atalaia da cultura que ninguén comprende… Todas se xuntan nunha casa abandonada preto do parque do crepúsculo, a carón do cemiterio. O que fan non é legal, okupar a casa, e, ao tempo, é de xustiza para
as súas vidas e o seu xeito de pensar. Entrada libre ata completar cabida.
Elenco. Iván Iglesias, Eva García, Iria Losada, Marcos Lama, Luz Ocampo, Miguel Estévez, Candela López, Conchi Pérez, Esther Pérez, Lola Fernández, Silvia Domínguez, Chelo Cortiñas, Pilar Mira.
Ficha artística e técnica. Técnicos de luz e son: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño. Cartel: Pablo Otero. Vestiario: Tegra. Fotografía e gravación: Alba Vázquez. Espazo escénico, dramaturxia e dirección: Fernando Dacosta.