UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

XXIII Salón do Libro 'Con moita arte!'

11mar(mar 11)18:3027(mar 27)20:30XXIII Salón do Libro 'Con moita arte!'do 11 ao 27 de marzo

Detalles do Evento

Máis de 300 actividades para bebés, cativada e familias. Obradoiros, contacontos, espectáculos, música, roteiros e máis de 3.000 libros dos que gozar nun ambiente máxico ou levar prestados. Toda a información e programa na súa web. A través do calendario podedes coñecer os eventos por día e reservar prazas. Tamén dentro de cada evento, podedes acceder á venda de entradas en Ataquilla.com para os que teñen lugar no auditorio, que de non esgotarse, contarán con venda presencial 1h antes na billeteira do Pazo.

O venres 11 ás 18.30 horas terá lugar o espectáculo inaugural da man de María Lado e Lucía Aldao e cheo de sorpresas (entradas de balde aquí ) e as portas da Sala de Exposiciós e polo tanto do Salón, non abrirán ata rematado este, cara as 19.45h.

Hora

11 marzo, 2022 18:30 - 27 marzo, 2022 20:30(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra